O Concello de Betanzos resolve o XIII Concurso de carteis das Letras Galegas

200

María José Maceira Cameán do Centro Pai Menni gañou o primeiro premio do XIII Concurso de carteis das Letras Galegas do Concello de Betanzos. O cartel ilustrará o programa das Letras Galegas do Concello de Betanzos 2023.

Primeiro premio: María José Maceira Cameán (Centro Pai Menni)

Os accésits da trixésima edición deste concurso foron para Eire Martínez Blanco de 6.º de primaria do do CPR Nosa Señora do Carme “Atocha” e Gabriel Barreiro Sánchez de 4.º de primaria do CEIP Francisco Vales Villamarín.

Accéssit: Eire Martínez Blanco (CPR Nosa Señora do Carme “Atocha”)

 

Accésit: Gabriel Barreiro Sánchez (CEIP Francisco Vales Villamarín)

No XIII Concurso de carteis das Letras Galegas participou alumnado do CPR Nosa Señora do Carme “Atocha”, do CEIP Francisco Vales Villamarín e do Centro Pai Menni. O xurado valorou a participación, a calidade e a orixinalidade e a adecuación ás bases dos carteis presentados.

A entrega dos premios do XIII Concurso de carteis das Letras Galegas realizarase o vindeiro venres 19 de maio ás 19:00 h no Salón Azul do edificio Arquivo.