O Concello de Betanzos conmemora o Día de Rosalía con “Sempre Rosalía” e “Figueiriñas que eu prantei” nos centros de ensino

41

O Concello de Betanzos tiña previsto como cada ano no mes de febreiro unha programación para homenaxear a Rosalía de Castro, mais debido ás restricións e á situación actual unha parte deste programa, en concreto a programación do Concello en aberto foi adiada. Non obstante, a programación nos centros de ensino mantívose e porase en marcha na semana do 22 de febreiro e arredor do Día de Rosalía de Castro, que se conmemora o 24 de febreiro.

Os días 22 e 23 de febreiro terán lugar diversas sesións das intervencións teatralizadas “Sempre Rosalía” por conta de Producións Dispersas no CEIP Francisco Vales Villamarín para o alumnado de 6.º de primaria e no IES As Mariñas para o alumnado de 3.º da ESO e 1.º de Bacharelato.

Cartel da actividade

Así mesmo, na mañá do 26 de febreiro terá lugar unha sesión de contacontos ilustrado “Figueiriñas que eu prantei” de Polo correo do vento para o alumnado de 5.º e 6.º de primaria do CPR Nosa Señora do Carme “Atocha”.

Cartel da actividade

Ademais, continúa ao longo de todo o mes a exposición “Versos rosalianos na rúa” nos balcóns municipais para homenaxear á escritora no aniversario do seu nacemento. Por outro lado, o Concello adiou para o mes de xuño a programación da representación teatral para público infantil “Rosalía, o lugar onde medran as poetas” de Culturactiva que estaba prevista para o venres 12 de febreiro.