O Concello celebrou o sábado día 1 o dispositivo e organización da feira coas medidas de seguridade pola Covid-19. Galería de imaxes

631

Concello celebrou o día 1, o vindeiro sábado, o dispositivo de seguridade e as medidas de seguridade decretadas pola  Covid 19. É dicir, reorganización dos postos na propia Praza García Irmáns para incrementar a distancia de seguridade, ademais de aplicar as normativas agora vixentes do uso de máscara obrigatoria e desinfección con  hidrogeles.

Tras a negativa dos vendedores para aceptar as novas localizacións, a pesar de que a feira se desenvolve no mesmo lugar que antes, a praza García Naveira,   a concellería de Feiras mantivo unha nova reunión con representantes  dos distintos colectivos que ocupan os postos de venda. Nela volvéronse a explicar as medidas de seguridade e a reorganización dos postos para ampliar as distancias sociais, un intercambio de formulacións que tenia como obxectivo “achegar posturas”, aínda que todo debía partir de que “o  Concello non ía antepoñer nada a garantir a seguridade e saúde”.

Tras esta reunión, e partindo do deseño de localización elaborado polos técnicos municipais, remitiuse un escrito aos responsables de cada posto explicándolles as medidas adoptadas e un mapa coa localización do posto, de forma que “cada un saiba onde ten que instalarse o próximo día 1 cando chegue á praza”.

Se a pesar de todo iso, algúns vendedores non queren instalar os postos ou non desexan estar na feira “porque se lles move uns metros da localización que tiñan antes, pois o lamentaremos, pero para o Concello, nestes momentos, o prioritario é garantir a seguridade e axustarse aos protocolos establecidos”.

Estableceranse corredores de paso o suficientemente anchos, de máis de seis metros, para manter as medidas de seguridade e tentar establecer unha orde e indicar o sentido da marcha á hora de percorrer os postos. Haberá catro entradas e outras tantas saídas. Na zona de  Valdoncel, na avenida de Castela, na Alameda, e rúa do Rollo. Haberá un dispositivo especial de seguridade con Policía Local, Protección Civil, e efectivos de seguridade privada.

Entre os postos tamén haberá un plástico  separador e só dous vendedores, como máximo, en cada un deles. Os únicos postos que non estarán na feira serán os de venda de produtos de segunda man.

Para a reordenación da feira, o goberno local ampliou a zona de superficie da feira para non reducir o número de postos. Así, decidiu situar postos na zona da  rúa de O Castro, na entrada cara ao centro histórico;  e na avenida de Castela ata o cruzamento coa rúa Emilio Romay. O resto estará na praza García Irmáns.

A edil de Feiras insistiu en que se fará un seguimento especial aos postos de venda “non permitindo que se instale ningún que non teña todas as autorizacións vixentes”.