A última fase dos traballos da rúa Castelao obrigarán a cortar o tráfico entre o 4 e o 10 de agosto

847

A rúa Castelao permanecerá cortada ao tráfico desde o vindeiro martes día 4 ata o día 10 no que corresponde á última fase dos traballos de mellora da zona. Estas últimas obras inclúen o  hormigonado da rúa e posterior secado. Os traballos iniciáronse en marzo pero tiveron que ser interrompidos durante o confinamento. Despois, reiniciáronse, pero tras as peticións dos veciños polas molestias que causaban os ruídos durante as primeiras fases do confinamento, paralizáronse aos poucos días de empezar. Unha vez reiniciáronse as obras, cun período de execución de catro meses, apareceu un muro nun tramo da rúa no que non se ía a actuar xa que non estaba no ámbito do proxecto.

Rúa Castelao en obras

Mentres que se executaron as primeiras actuacións na rúa encargouse a redacción dun  proxecto urxente para a consolidación do muro situado. Sen arranxar este muro era inviable a mellora da rúa debido a que o peso da maquinaria que se utilizaba podería facer que o muro viñese abaixo. Esa foi outra das razóns polos que se paralizaron os traballos ata que se adxudicaron de forma urxente as obras de consolidación do muro, que se reforzou cun dique de pedra. Agora, unha vez concluídas, executarase a última fase de mellora  co aglomerado.

O investimento ascendeu a 146.457 euros con cargo do  POS + 2019 da Deputación Provincial. Este proxecto uniuse a outros executados nas rúas Pintor Seijo Rubio, Tomás Dapena, Alcalde  Beccaría e Venezuela. O obxectivo das obras era mellorar o pavimento de calzada e a sinalización da rúa. Tras a nova pavimentación, realizarase  a sinalización horizontal e vertical e o pintado das liñas centrais e de bordo de calzada, e outras marcas transversais, aparcamentos, cedas, STOP, frechas, etc.