O Concello prepara una segunda fase de recuperación do Pasatempo que inclúe a Fonte das Catro Estacións e o Estanque da Gruta, no primero nivel do parque

535

O Concello continuará á recuperación do parque do Pasatempo cun novo gran proxecto de actuación, seguindo o iniciado no estanque do Retiro, que incluirá traballos para deter a deterioración da Fonte das Catro Estacións, ata acometer a sua restauración, o Estanque da Gruta, a Gruta Recolecta e o invernadoiro como elementos principais.

O proxecto contratarse con persoas expertas en restauración seguindo a liña de traballo iniciada no ano 2019 cando se redactou a conservación e a restauración do Estanque do Retiro, que nestes momentos xa conta coa aprobación do servizo de Patrimonio e esta a punto de saír a concurso para a realización da obra correspondente.

O proxecto da fase 2, de conservación e restauración, que se propón agora pretende ampliar a zona de intervención iniciada, dentro da terraza 1, nun estado de conservación crítico dende o punto de vista estrutural, de instalacións e de deterioración dos seus elementos artísticos.

No mes de agosto de 2020, produciuse o desprendemento do rostro dunha das esculturas que forman parte da Fonte das Catro Estacións, concretamene a da Primavera. Ante isto, o Concello encargoulle ao persoal técnico un informe sobre as medidas de urxencia para deter o deterioración da fonte, ata acometer a sua restauración, logo da redaccion do proxecto correspondente.

Aínda que a Fonte das Catro Estacións está no desaparecido xardín, fóra do chamado parque histórico, mais dentro do ámbito de protección do BIC, considérase urxente a sua restauración e, por tanto, precede a sua inclusión dentro do proxecto de conservación e restauración correspondente á fase 2.

Segundo o informe-valoración das accións de conservacion e restauracion do parque histórico “O Pasatempo”, onde se incluía o inventario de elementos do parque e a súa codificación, o ámbito de actuacion para o proxecto correspondente á fase 2, comprende por una banda elementos arquitectónicos como varandas de protección e as pontes do Estanque da Gruta; as escaleiras e as rampas de baixada; os túneles;  o invernadoiro;  a Gruta Recolecta e, por otra banda, elementos escultóricos como a Fonte Wallace (desaparecida); a Fonte do Pescador; a Gruta Recolecta: o Niño de Serpes; a Xirafa, Elefante, e o retrato de Juan García Naveira; no  Estanque da Gruta:o baixo relevo Gamello; o baixo relevo dromedario; a muller lavandose; o hipopótamo; o animal sen identificar (derrubado); o rinoceronte;  o oso polar; as letras e as zocas e a Boca de Hades.

Estas actuacións, que aínda non están cuantificadas ata que non remate a redacción do proxecto, forman parte do acordo que o Concello e a Deputación Provincial asinaron para levar a cabo una serie de traballos de recuperación de espazos no parque e que supón un investimento de 750 000 euros. A alcaldesa, María Barral, explicou que se trata de actuacións necesarias á espera de poder afrontar máis traballos nos que agarda se impliquen otras administracións e, de forma especial, a Xunta de Galicia.