O monólogo “Contos de contrabando” de Avelino González este sábado 27 de marzo na Aula Municipal de Cultura

398

O sábado 27 de marzo ás 20:00 h na Aula de Cultura terá lugar o monólogo “Contos de contrabando” por conta de Avelino González dentro da programación do Concello de Betanzos no programa Lingua a escena da Rede Cultural da Deputación da Coruña. A entrada é de balde ata completar a capacidade, que na actualidade ten dispoñibles 45 butacas polas restricións derivadas da situación actual.

Avelino González é un coñecido actor, contador, monologuista e tradutor que participou e dirixiu diversas obras de teatro e é coñecido tamén polos seus traballos no cinema e na televisión, na que participo en series como Padre Casares, Cuéntame, As leis de Celavella, Rías Baixas, Hospital Central, Mareas Vivas ou Pratos Combinados.

Contos de contrabando conta a historia de amor entre dous contrabandistas, el galego e ela portuguesa. A súa relación de amor desenvólvese á par da súa vida profesional. Adícanse ós dous a unha actividade comercial sen licencia fiscal, e viven as súas vidas persoais como calquera outra persoa, e tamén sen as licenzas administrativas correspondentes. Isto provoca interferencias que poñen en perigo a relación. E así saltando fronteiras e saltando trámites administrativos e aprendendo linguas e linguaxes segundo fose preciso, tentan consumar a súa relación… se o consiguen ou non sábese no final.