O Concello programou diversas actividades nos centros de ensino para lembrar a Xela Arias

430

Os pasados días 12 e 13 de maio tiveron lugar diversas sesións do contacontos ilustrado “Xela Arias. Liberdade, solidariedade e amor pola lingua” por conta de Polo correo do vento e mais o espectáculo “De ti e mailo mundo que apañes” de Xarope Tulú a través do programa Lingua a escena da Rede Cultura da Deputación da Coruña 2021.

 

Contacontos ilustrado “Xela Arias. Liberdade, solidariedade e amor pola lingua”

Este ano, entre as actividades programadas para o Día das Letras Galegas realizouse o 12 de maio en horario escolar diversas sesións de contacontos ilustrados por conta Polo correo do vento. Para celebrar o Día das Letras Galegas do ano 2021 o Concello levará ao IES Francisco Aguiar e ao CPR Nosa Señora do Carme “Atocha” varias sesións de contacontos ilustrado baseado no libro sobre Xela Arias de Polo correo do vento, pertencente á colección Mulleres Galegas, editado a través de Lela Edicións. Nesta actividade Enrique Mauricio e Carlos Taboada rarraán e ilustrarán a biografía de Xela Arias para rematar facendo un obradoiro de debuxo no que realizaránj unha caricatura da poeta nada en Sarria.

Espectáculo “De ti e mailo mundo que apañes”

Para completar a programación de actividades destinada ao alumnado de secundaria dos centros de ensino de Betanzos, tivo lugar unha sesión do espectáculo “De ti e mailo mundo que apañes” de Xarope Tulú o 13 de maio para o alumnado do IES As Mariñas a través do programa Lingua a escena da Rede Cultural da Deputación da Coruña. Este espectáculo interpretado por Atenea García pretende ser un humilde percorrido pola obra da poeta, tradutora e editora Xela Arias, un percorrido que nada ten de cronolóxico pero moito de persoal e cun percorrido polas diferentes achegas á vida individual e colectiva que nos proporciona o idioma galego, ao mesmo tempo que pretende enterrar prexuízos para apoderar novas actitudes lingüísticas.