O Concello reafirmase na súa intención empender accións xudiciais contra a concesionaria do hotel San Roque para pedir o desafiuzamento por incumprimentos de contrato e reiterados impagos

261

A comisión especial de seguimiento do Complexo San Roque reuniuse o pasado 28 de xuño para valorar a situación do complexo hosteleiro e analizala xunto ao asesor xurídico municipal para coñecer os pasos que se están a dar por parte do Concello.

 

 

Neste sentido, refrendou o acordo do Pleno, aprobado por PSOE e BNG, coa abstención do PP, de levar a cabo accións xurídicas  para pedir o desafiuzamento por incumprimentos do contrato e por reiterados impagos no aluguer das instalacións do antigo asilo Manuel Naveira.

Na proposta acordouse iniciar estas accións xudiciais para a resolución do contrato de aluguer por impago de rendas continuados durante os últimos catro anos, e por incumprimento do contrato, así como cantas outras se deriven do mesmo negocio xurídico, contra a entidade “Complejo San Roque S.L.”, derivadas do aluguer do Asilo Manuel Naveira, diante dos Xulgados de Primeira Instancia de Betanzos.

Os incumprimentos tamén atañen as fianzas obrigatorias, e póliza de seguro de responsabilidade civil fronte a terceiros que se esixía contractualmente. Tamén advirte o Concello que  pode existir subarrendo ou cesión do local sen notificación a este Concello  que é o arrendador.

O Concello basa a súa acusación en que tratándose dunha finca urbana, son de aplicación os arts. 27 nos seus parágrafos 1, 2 apartados a) e b) e 32, todos eles da Lei de Arrendamentos Urbanos, que faculta ao arrendador a resolver o contrato de arrendamento, entre outros casos, cando o arrendatario incumpra a súa obriga de satisfacer a renda pactada, e aqueloutras obrigas pactadas contractualmente, neste caso a cesión dos dereitos de arrendamento sen notificación ao arrendador, (segundo estipúlase na cláusula quinta do contrato de arrendamento), e non prestar a fianza esixida e non formalizar a póliza de seguros a que viña obrigada,(cláusula doceava do contrato en relación co art. 31 do Prego de Condicións Administrativas e Técnicas).

A comisión voltará reunirse de forma periódica para informar aos grupos dos pasos e avances que se produzan no expediente a nivel municipal.