Betanzos comenzou o servizo gratuíto de bus á praia de Miño

488

O  Concello de Betanzos puxo en marcha, por segundo ano consecutivo, o servizo de autobús gratuíto á praia. Despois do éxito que obtivo na pasada tempada estival, o Consistorio dá continuidade á prestación, que nesta ocasión esta operativa desde o pasado, día 2,  ata o comezo do curso escolar en setembro.

“O ano pasado  máis de 500  persoas  empregaron este autobús para acudir á  praia de Miño. Ante esta boa aceptación por parte dá  veciñanza, este ano  comezamos antes o  servizo, ampliando a  súa duración a  dous meses e medio”, indicou a alcaldesa do municipio, María Barral.

O bus estará operativo os luns, mércores e venres cun único horario, con saída desde a zona do palco da música ás 15:15 horas e regreso desde a praia de Miño ás 19:30 horas.

O funcionamento do servizo nos días sinalados estará condicionado á situación meteorolóxica.