O Concello realizaou unha desinfección especial das zonas nas que prevé maior presenza de nenos e nenas menores de 14 anos

559

O Concello reforzou a desinfección de varias zonas coa realización de traballos especiais nos lugares nos que, presumiblemente, se utilizarán máis para pasear cos nenos e coas nenas menores de 14 anos.

Así, entre as zonas que se incluirán nesta actuación especial inclúese o Cantón de Claudino Pita, a praza dos Irmáns García Naveira, o porto, a praza de Santo Antonio, A Condesa, o Malecón, a praza do Emigrante, a contorna do antigo ambulatorio, o paseo da Galera, e a zona do Carregal. Nestas zonas levará a cabo unha desinfección específica. Os parques infantís permanecerán pechados.

 

A maiores, continúan os labores de desinfección que realizan diariamente os operarios municipais, os servizos externos contratados polo Concello e os que levan a cabo en colaboración co Consorcio das Mariñas e a Demarcación de Estradas, que inclúen a zona urbana e a rural, así como mobiliario urbano e prazas.