O Globo de San Roque caeu sobre as 02.10 horas desta madrugada en encoro de Cecebre, na zona de Crendes (Abegondo) despois de percorrer 12 quilómetros desde a praza García Naveira. O globo de San Roque, que este ano cumpre o seu 150 aniversario, elevouse sobre 00.20 horas. Os servizos municipais de Protección Civil realizaron o seguimento do aeróstato de papel durante o voo ata o lugar no que caeu.










