O Noso Recuncho gaña por primeira vez o premio á Mellor Tortilla de Betanzos Galería de imaxes.

176
A alcaldesa María Barral e a concelleira de Comercio e Hostalaría, Ángeles Veiga xunto a os gañadores representando a o noso Recuncho
O Noso Recuncho obtivo o premio á Mellor Tortilla de Betanzos 2023 por diante de Restaurante Casanova, Treze, Café Segundo e Yocri.
Por primeira vez este local obtén premio na cata a cegas celebrada o pasado domingo 15 de outubro, no edificio Arquivo ante un xurado composto por Ángeles Marzoa, do restaurante Jaleo, Luis Veira, chef no prestixioso restaurante Árbore da Veiga, e Alma Garcia, de Greca Bar. Os tres destacaron a calidade das tortillas presentadas ao concurso e a complicación que cada ano existe para outorgar o premio á mellor tortilla por “a igualdade e a calidade” das elaboracións que se presentan.

Na edición deste ano participaron 16 locais hostaleiros: Adega Lastras; TREZE; Café de Segundo; Cervecería Yocri; El Plaza; Mesón Avenida; Bar Restaurante Ternera Grill; Xamonería “El Ibérico”; Restaurante Casanova; Bar Galicia; Bar Kutako; Vinoteca Versalles; Bar O Rabel; La Travesía; O Noso Recuncho y Bikiño Gastrotaberna.

Café de Segundo, Yocri, Casanova, Treze e O Noso Recuncho foron os cinco establecementos que este ano optaron ao premio á mellor tortilla de Betanzos despois da cata a cegas realizada esta semana polo xurado composto por representantes de varias entidades de Betanzos e persoas vinculadas ao mundo da gastronomía.
As persoas que probaron a tortilla en cinco locais diferentes e entregaron o cupón cos cinco selos dos locais participantes, entrarán este ano no sorteo de cinco experiencias gastronómicas para dúas persoas nun dos “Restaurantes da Biosfera”, certificados no ano 2019 na Marca de Calidade, coa colaboración da Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, O sorteo que terá lugar o próximo 19 de outubro ás 13:00 h no Salón Azul do edificio Arquivo. Ademais, nese mesmo cupón pudose votar pola mellor tortilla. A que máis votos recibiu será a gañadora na categoría de PREMIO POPULAR.