Jorge Ríos Cortés repite como “Mellor Tortilla Caseira 2023”. Galería de imaxes.

180
A alcaldesa María Barral e a concelleira de Comercio e Hostalaría, Ángeles Veiga xunto a Jorge Ríos que conseguiu a máxima puntuación do xurado por diante doutros dous homes: Pablo Tomé Crespo e David Teijo Regueiro

Jorge Ríos Cortés, gañador o pasado ano na primeira edición, volveu a resultar campión na edición deste ano conseguindo a “Mellor Tortilla Caseira” de Betanzos.

Jorge Ríos resultou ser o gañador do concurso que, dentro da Semana da Tortilla, organizou o Concello a particulares. Unha edición, a segunda, na que participaron 13 persoas, que ás 12.00 horas presentaron a súas tortillas a un xurado composto e presidido polo Campión de España de Tortilla, Alberto García, do Mesón O Pote; e no que tamén estaba representantes da Reserva da Biosfera As Mariñas-Betanzos a través de José Soto (Casa Sisto) e María Luisa Pérez de Acebe.

Jorge Ríos conseguiu a máxima puntuación do xurado por diante doutros dous homes: Pablo Tomé Crespo e David Teijo Regueiro (tamén terceiro en 2022)

O xurado destacou que se trataba dunha tortilla moi zumenta, con sabor, que se axustaba ás características propias da de Betanzos.

A alcaldesa, María Barral, destacou a participación nesta segunda edición, nun concurso que se potenciará e que cada ano contará con máis veciños e veciñas que se animen a participar no. Así empezou o de San Sebastián, con 25 tortillas na súa primeira edición e agora supera as 500. Nós non aspiramos a tanto (entre risas) pero estou segura de que o concurso se consolidará e que se organiza para quedar como un evento máis da “Semana da Tortilla”, explicou a alcaldesa, quen felicitou aos tres premiados e ao resto de participantes polo nivel mostrado.

O gañador recibiu ao premio á “Mellor Tortilla Caseira 2023”, ademais dun lote de produtos de Aceites Abril e do Concello; do mesmo xeito que o segundo e terceiro clasificado. Ao resto de participantes entregóuselles un mandil conmemorativo da Semana da Tortilla.

A alcaldesa destacou a colaboración das asociacións que colaboraron no xurado desta edición e, de forma especial, a presenza de Alberto García, que se proclamou campión de España de Tortilla de patacas e que “é un verdadeiro luxo contar coa
súa colaboración e presenza neste concurso”.