Cancelado o espectaculo “O que levamos nas maletas” de Magín Blanco.

441
Informamos da cancelación da actuación ‘O que levamos nas maletas’ de Magín Blanco, encadrada nos Sábados Miúdos e prevista para hoxe ás18:00 horas, por motivos alleos ao Concello.
Pregamos desculpedes as molestias.

“O que levamos nas maletas”

Magín Blanco, creador dós espectáculos “A nena o grilo”, “A nena e o grilo nun barquiño”, “Gatuxo” e outras composicións que forman parte de propostas musicais para público infantil como “María Fumaça” e “Rosalía Pequeniña” interpretará en directo unha selección dos temas para público infantil que el mesmo compuxo acompañados dunha narración. O formato desta nova proposta será un contacontos musicado que axudará os nenos e nenas a estimular a súa creatividade e curiosidade polas letras e as palabras, pola lingua, polos contos e a música para que poidan crear o seu propio universo creativo.