Os contacontos “Florencio nas ondas” chegou aos colexios betanceiros para celebrar o Día Internacional do Libro e da Lectura

212

O Concello de Betanzos conmemorou a pasada semana o Día Internacional do Libro e da Lectura, con distintas actividades de dinamización lingüística que tiveron lugar nos centros de ensino os días 21 e 22 de abril.

O alumnado de primaria do CEIP Francisco Vales Villamarín e do CPR Nosa Señora do Carme “Atocha” disfrutou de varias sesións do contacontos “Florencio nas ondas: unha homenaxe á vida e obra de Florencio Delgado Gurriarán” nas mañás do 21 e do 22 de abril para celebrar o Día Internacional do Libro e da Lectura e coñeceron mellor a figura do escritor homenaxeado neste ano 2022 polo Día das Letras Galegas.

 

Con este contacontos a narradora Raquel Queizás sintonizou o programa de radio “Florencio nas ondas” para coñecer a este gran poeta galego combatente e que contribuíu coa súa obra á dignificación de Galicia e á normalización da lingua galega nunha época escura, e desde o exilio, onde a defendeu sen complexos. Os nenos e as nenas asistiron á recreación dun antigo programa de radio para descubrir a vida de película de Florencio Delgado Gurriarán e como todo comezou no paraíso máximo de Córgomo.