O Concello de Betanzos organizou varios obradoiros de poesía e escrita creativa con motivo do Día Internacional do Libro e da Lectura

273

O Concello de Betanzos comezou a programación do Día Internacional do Libro e da Lectura con diversos obradoiros para o alumnado de ESO do IES Francisco Aguiar, IES As Mariñas e do CPR Nosa Señora do Carme “Atocha” os días 20, 21 e 22 de abril.

Os obradoiros de poesía e escrita creativa “Achegándonos á palabra”, impartidos pola escritora galega Dores Tembrás teñen como finalidade achegarlle a escrita creativa aos máis mozos e mozas, traballar a conversa sobre a poesía e o seu coñecemento, así como as historias que nos conta, a escolla de poesía ou prosa, o ritmo, os sons, o estourido e o silencio, as imaxes e como escribir, avaliar e escoitar o texto, ademais de fomentar a participación no XI Concurso de creación literaria, cuxo prazo está aberto durante todo o mes de abril.

Ademais destes obradoiros, o Concello completaron a programación do Día Internacional do Libro e da Lectura coa programación de diversos contacontos para o alumnado de primaria do CEIP Francisco Vales Villamarín e do CPR Nosa Señora do Carme “Atocha” sobre Florencio Delgado Gurrirán os días 21 e 22 de abril de 2022.