Os servizos de emerxencia municipais manteñen un servizo de alerta e vixilancia ante o desbordamento dos ríos Mendo e Mandeo en varias zonas da cidade

129

O nivel dos ríos Mandeo e Mendo é dos máis altos que se lembran nos últimos anos, influenciado polas choivas, as mareas vivas, e a apertura da présas de augas enriba-alertada polo 112- que motivou o aumento do nivel da auga e o desbordamento das canles en moitos tramos dos ríos, non só en Betanzos senón noutras zonas da comarca.

No centro urbano, producíronse inundacións na zona do Porto, o parque do Pasatempo (zona xogos infantís), Carregal, parque Pablo Iglesias, A Tolerancia e a Ribeira coincidindo coa preamar e as choivas.

Os servizos municipais prestáronlle apoio á veciñanza que así o requiriu e manteñen presenza nas zonas afectadas.

As bombas funcionaron en todo momento aínda que as causas que provocaron as inundacións na zona son as antes mencionadas e nada teñen que ver coas mencionadas bombas que desde que foron instaladas evitaron os problemas de inundación que se producían neste barrio.

A situación de hoxe nada ten que ver con episodios anteriores xa que as inundacións afectan a outros barrios da cidade que situados nas inmediacións dos ríos, distantes do barrio da Ribeira.

Os servizos municipais realizaron diversos dispositivos de tráfico, modificando sentidos de circulación ante o estado no que estaban diversos viarios urbanos.

Nestes momentos, coa baixada da marea, a situación volve normalizarse.