Pregón festas San Roque 2025 Oscar Gilsanz González.

445

OSCAR GILSANZ GONZÁLEZ, adestrador de fútbol que dirixiu ao R.C. Deportivo da Coruña na tempada 24/25, comezou a súa traxectoria nos bancos no Betanzos Club de Fútbol (2008-11), ao que collería en Preferente e subiría a Terceira.

Posteriormente dirixiría ao Racing Villalbés da Terceira División desde a 2014-15, ao que adestrou durante catro tempadas e co que disputou a promoción de ascenso a Segunda División B de España e pasar unha eliminatoria.

Na tempada 2018-19, ingresou na estrutura do Real Club Deportivo da Coruña que lle entregou o mando do Laracha Club de Fútbol na Terceira División de España.

Na tempada 2020-21, foi elixido para exercer como adestrador do xuvenil “A” do Real Club Deportivo da Coruña, co que lograría o título de División de Honra e gañar a Copa de Campións.

En xullo de 2021, fíxose cargo do RC Fabril da Terceira División de España. En abril de 2023, lograría o ascenso á Segunda Federación tras ser campión do Grupo I.

En outubro de 2024, pasou a ser adestrador do primeiro equipo do Deportivo en Segunda División de España ata final de tempada