Presentación da campaña  ’21 días co galego e +’

345
A alcaldesa, María Barral, participou na presentación da campaña  ’21 días co galego e +’ qu se celebrou o pasado 31 de xaneiro.


O colexio Francisco Vales Villamarín acolleu o acto de apertura e contou coa presenza, ademais da edil, do secretario xeral da Lingua, Valentín García, e do presidente da Real Academia Galega, Víctor F. Freixanes.


A sétima edición do programa ofrecerá talleres de regueifas, contacontos e actuacións musicais na ducia de centros que participan.


As actividades desenvolveranse ata o 21 de febreiro, coincidindo coa celebración do Día da lingua materna.