Betanzos celebrou durante todo o mes a XVI edición do ciclo de Teatro Afeccionado

356

Betanzos celebrou a XVI edición do ciclo de teatro afeccionado corganizado polo Concello e a Agrupación teatral Mariñán.

Ciclo que se desenrolou durante todos os sábados do mes de febreiro a partir das 20.00 horas na aula de Cultura do Edificio Liceo ata completar aforo.

A primeira cita foi o día 1 coa compañía Damecuerdateatro de Pontedeume coa obra “A Besta dá illa”. Trátase dun drama para maiores de 12 anos cunha duración de 80 minutos no que un grupo de oito nenas e nenos acaba nunha illa deserta.

Continuou o sábado 15 con opaí Teatro e a obra “de marzo a marzo”, outro drama para todos os públicos de 75 minutos de duración.

O sábado 22 actuou a agrupación teatral Mariñán, con “Croquetas”, unha comedia para todos os públicos que sucede cando mesturas un guión horrible e un director nefasto cuns intérpretes ineptos e faltos de calquera sentido artístico.

O ciclo rematou o domingo 23 coa asociación cultural Teatro Carauta, de Santiago de Compostela, coa obra “Balas sobre Broadway”, cunha comedia para todos os públicos; e o sábado 15 con opaí Teatro e a obra “de marzo a marzo”, outro drama para todos os públicos de 75 minutos de duración.

Para descargar o programa completo prema aquí