Presentación do proxecto de “Revitalización do comercio de Betanzos”

70

O Concello presentará o vindeiro día 9 ás 20:00 h o proxecto de “Revitalización do comercio de Betanzos” mediante a conexión de tres eixes comerciais: mercado municipal, centro comercial aberto e mercado non sedentario” para crear unha oferta cohesionada, diferencial e sustentable. O proxecto forma parte dos fondos Next Generation concedidos a Betanzos a través do Plan de recuperación, transformación e resilencia impulsado polo Goberno.

A presentación, aberta a toda a cidadanía aínda que dirixida, de forma especial, aos e ás comerciantes da cidade, contará coa alcaldesa, María Barral, persoal técnico municipal e persoal técnico da consultoría que elaborou o proxecto. Explicaranse conclusións dos estudos feitos e as actuacións que se van a desenvolver nos vindeiros meses dirixidos por unha banda a aquelas empresas que realizan a súa actividade en Betanzos, e, por outra, á veciñanza en xeral con una serie de actuacións no ámbito de equipamentos e servizos.