A alcaldesa María Barral fixo entrega o premio Ursula Meléndez de Texeda 2021 a Carmen Moar, mestra panadeira nun acto celebrado no salón azul do edificio Liceo o pasado venres 27 de marzo
Como é ben sabido o 31 de decembro panadería Moar, pechou as súas portas, foi un dos fornos máis antiguos e tradicionaisde Betanzos e probablemente tamén de España. Data a súa antigüidade ala polo 1578.
O Concello considerou que Dª Maria del Carmen cumpre con todas as cualidades para o que foi creado este premio, traballo en igualdade, esforzo e mérito como muller que desenrolou no noso Concello ao longo da súa vida; sabendo dirixir o seu negocio sen perder o enxebre e a calidade dos seus inicios.











