
O Concello adquiriu un desfibrilador para os servizos de emerxencia de Protección Civil. Trátase dun dispositivo móbil que Protección Civil levará no seu vehículo de emerxencias. Forma parte dunha serie de equipos cos que tamén se dotaron outras instalacións municipais destinadas á práctica deportiva.