Proxecto Memoria

357

O pasado venres día 1, ás 20:00 h na Aula de Cultura Xulio Cuns do edificio Arquivo, tivo lugar unha sesión de narración oral dentro do Proxecto Memoria por conta da contadora Charo Pita, organizado polo Concello de Betanzos có patrocinio da Deputación da Coruña e a Fundación Paideia.

Memoria é un proxecto de narración oral e recollida de historias. Un proxecto de participación coas comunidades de maiores dos Concellos de A Coruña, Oleiros, Betanzos e Sada que se desenvolveu entre os meses de febreiro e marzo de 2021.

Agora, un ano despois deses encontros, realíalizouse a presentación pública do proxecto que se cristaliza nun espectáculo de narración oral da man de Charo Pita. Esta proposta concentra as vivencias, a loita, a emoción e os procesos destas personas que, dende a súa xenerosidade, decidiron compartir estas historias con Charo e con todas nós, para que a memoria de Betanzos e en particular das veciñas e veciños, permaneza para sempre no noso imaxinario. Os escontros deron lugar a multitude de conversas e reflexións que nos levan ás lembranzas dun pasado compartido nas rúas e nos espazos públicos coa familia e as amizades.

Un espectáculo sobre a memoria, sobre a historia viva e sobre o concello de Betanzos e comunidade que o habita.