Esta fin de semana celebrouse en Viena o Open de Austria, un torneo de moito nivel e cunha altísima participación, no que houbo un ouro e dúas pratas galegas.
O ouro foi para Ana Llin Shin Veiga (Han´s Horang I) na categoría júnior, mentres que as pratas foron acadadas por Seung Han Shin Jang (Han´s Horang I) en Máster -60 e Jessy Sun Shin Veiga(Han´s Horang I), en parella xunto ao deportista francés Drexl Kubicki.
O nivel foi altísimo, pero este equipo amosou o seu nivel.
Ata Viena desprazáronse taekwondistas do Han´s Horang-I e a técnica do Hebe Noelia Pérez, sabedores de que era unha competición moi esixente, xa que había participación de Malasia, Tailandia, Estados Unidos, Hong Kong, Alemaña, Malasia, Guatemala, Francia e moitos países europeos, que están ultimando a preparación para a Universiada, que se celebrará no mes de xullo.
A pasada fin de semana celebouse unha exhibición en honor ao Clube Leam en Ponteareas
Nela participou a familia Shin Veiga , do Club Han´s Horang-i de Betanzos cunha exhibición de Técnica de Poomsae e Freestyle.
Para finalizar a exhibión o Mestre Seung Han Shin Jang fixo unha gran demostración de diferentes técnicas de rompemento de son kut, mondollyo nako chagui, mondollyo tuit chagui e por último o público disfrutou coa demostración de rompemento con puño de 15 marmores . e increíble poder ver estas exhibicións.












