Treze resultou gañador da Semana do Pincho de Betanzos por diante dos outros catro finalistas: Adega do Pino, Café Lanzós, Yocri e Restaurante Cho. Na edición deste ano participaron 13 establecementos de hostalaría dentro das accións programas polo Concello para potenciar a gastronomía, a hostalaría e dinamizar outros sectores da cidade. Treze recibiu o premio ao mellor pincho despois da cata realizada, na mañá do pasado domingo 8 de decembro, polo xurado que destacou a calidade dos pinchos e a dificultade para elixir o gañador pola igualdade que había entre o cinco finalistas.

A próxima semana darase a coñecer o premio popular que sairá dos votos emitidos polas persoas que degustaron os pinchos nos diferentes establecementos.
Durante esta semana puidéronse degustar desde un churro de sobrasada, pasado por un bocado de “fefiñanes” con pan, chourizo e crema de queixo, ata unha composición con pato e cebola acaramelada, alcachofa de outono, “saquiños perdidos”, un petisco dedicado ao mar con chipiróns, mexillóns, gambas e prebe, unha “flor de outono” con lagostinos e repolo entre outras cousas, unha esfera crocante de pito, cogomelos e queixo; un “inverno Vivaldi” con papada ibérica, luras crocantes; un “gyozando” con polo cacahuetes, entre outras cousas, unha “raíña pepiada”, con pito e aguacate, ata unha vieira á prancha.
Participaron a Adega do Pino, A Travesía, Vinoteca Versalles, Bar O Kutako, Restaurante Casanova, Restaurante Cho, Adega Lastras, Queique Coffe, Café Lanzós, Treze, Café bar Yocri, Bar Praza e Ternera Grill.
As persoas que participen na votación para outorgar o premio popular deberán entregar o boleto, debidamente cuberto e selado en 5 dos 13 establecementos, para entrar así no sorteo de cinco experiencias gastronómicas para dúas persoas nun dos restaurantes da Biosfera .









