Versalles, gañadora da X Semana do Pincho de Betanzos. Galería de imaxes.

378
A representante de Versalles co pincho gañador xunto a alcaldesa e a concelleira de Comercio, Ángeles Veiga

A viñoteca Versalles impúxose na final da X edición da Semana do Pincho para a que tamén se clasificaron Cho, Lanzós, Casanova e Yocri. Nunha final moi igualada o Versalles gañou co petisco “Lombo outonal” composto por pataca chip rústica, lombo aromatizado, crema de pementos de Padrón, cabaza e pebidas de granada).

Agora faltará coñecer o premio popular a través dos votos depositados nos diferentes establecementos participantes.  Os petiscos aínda se poderán degustar durante o día de hoxe nos 18 locais participantes con prezos que van desde 1 a 4 euros.

Na relación de petiscos deste ano puidéronse degustar desde un timbal de outono galego con morcilla, pementos, champiñóns, patacas e ovo; ata  unha “Vaca tola” de pan con presa ibérica e queixo, pasando por “Divino” de ventresca e anchoas, “A vida é doce” con roscón de reis, crema e Oporto, “Fajita histórica”, “Cabaciña enfornada con arroz e rulo de cabra”, “25 de agosto”, cabeza de porco con trufa e queixo de ovella; “Bocadiño tempurizado”, con queixo, polo, e crema de módena, “Éche o que hai”, con tosta de allo e bacallau, pasas, pementos, tomates e viño Albariño, “Taco italiano” con stracciatella galega, froitos secos, pistachos, aceite de trufa e mozarella, “Saquiño crocante de cabeza ibérica sobre prebe de foie”, “Sibarita”, de xamón ibérico, queixo do país, entre outras, “Harmonía de bacallau”, con bacallau, cocochas, pementos, améndoas e allo, “Timbal de patacas con grelos, bacallau e queixo”, “O noso roliño” de cabeza de porco, pan, tomate e queixo, “Lombo outonal”, de lombo aromatizado e crema de pementos de padrón, “Bocadiños de lagostino”, con recheo de hamburguesa de lagostino, con toque de allo e brotes tenros e ata un “Collón de frade”, unha tosta de ovo e queixo.

Participaron: Cafetaría Praza, Casa do Queixo, A Vaca Tola, Yocri, Café Lanzós, El Histórico, Adega Lastras, Cafe Bar Jenny O Bacel, Bar Paxeiro, Adega O Pino, Restaurante Cho; Jamonería El Ibérico, Restaurante Casanova, Bar Galicia, O Noso Lar, Vinoteca Versalles, A Travesía e A Goleta.