Viaqua entrega ao Concello de Betanzos unha partida de xoguetes para nenos e nenas de familias necesitadas

1209
A alcaldesa, María Barral, e o concelleiro de Facenda, Diego Fernández,  recibiron a doación de xoguetes por parte do equipo técnico de Viaqua en Betanzos.

A empresa Viaqua fixo entrega ao Concello de Betanzos dunha partida de xoguetes destinadas a nenos e nenas de familias necesitadas dentro dunha campaña que ten coma finalidade que “ningún neno se quede sen o seu regalo nestas festas de Nadal e Reis”.

A iniciativa solidaria inclúe xoguetes para rapaces de entre 1 e 14 anos dentro dun proxecto de colaboración que ven realizando a empresa concesionaria daxestión da auga co Concello, e que tamén inclúe outro tipo de acción no ámbito social.

Cruz Vermella de Betanzos será a encargada de distribuir xunto a os xoguetes entre os beneficiarios de esta iniciativa solidaria, máis de 160 nenos e nenas .

O Concello valorou a iniciativa e agradeceu á aportación feita por Viaqua a través deste programa social que se une a outras accións que se están levando a cabo estes días a través da colaboración doutras empresas e entidades.