Betanzos acolle a exposición fotográfica “express arte” froito dun programa de inserción laboral para vítimas de violencia de xénero

1350

A exposición fotográfica “Express Arte: 15 visións” supón unha perspectiva de diferentes realidades dende a arte.

A mostra forma parte do programa de inserción laboral para vítimas da violencia de xénero impulsado pola Asociación de Xóvenes Emprendedores Lucenses (AXEL) co fin da redución dos desequilibrios entre homes e mulleres canto ao acceso ao mercado laboral, así como a loita contra a segregación horizontal e vertical da muller no devandito ámbito.

Á vez a mostra pretende sensibilizar sobre o problema da violencia de xénero e implicar á sociedade en xeral na súa erradicación. Entre outras actividades cada unha das participantes escolleu unha obra pictórica feminina coa que se identificaba e foron caracterizadas como as protagonistas para posteriormente fotografalas.

Foi cedida pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia dentro do programa de actividades que ofertan ás entidades locais cada ano.

A exposición fotográfica poderase visitar do 18 de decembro ao 3 de xaneiro no edificio Liceo de Betanzos de 10:00 h a 14:00 h e de 18:00 h a 21:00 h os días laborables e de 11:30 h a 14:00 h os sábados.

Para descargar o cartel prema aquí