Volve a campaña “Betanzos. Poesía no comercio” aos comercios betanceiros

1524

O Concello de Betanzos e o Equipo de Dinamización Lingüística do CEIP Francisco Vales Villamarín organizan por segundo ano consecutivo a campaña “Betanzos. Poesía no comercio” desde o 23 de abril ata o 31 de maio.

“Betanzos. Poesía no comercio” é o nome da campaña de promoción da poesía e da lingua galega que bota a andar o 23 de abril con motivo do Día Internacional do Libro e da Lectura e que terá lugar ao longo de todo o mes de abril e maio, encadrándose tamén na celebración do Día das Letras Galegas do Concello de Betanzos

A proposta daralle a máxima difusión ás creacións poéticas que o alumnado do CEIP Francisco Vales Villamarín creou ao longo de todo o mes de marzo, mes no que se celebrou o Día da Poesía. Os betanceiros máis miúdos crearon máis de cento trinta poemas que se espallarán por Betanzos grazas á colaboración de diversos comerciantes locais que participan nesta iniciativa.

Os comercios participantes na iniciativa “Betanzos. Poesía no comercio”, nos que se repartirán as poesías dos máis miúdos e miúdas da vila, son os seguintes:

Miraquélinda Óptica Ollos

Chocolat Molares Electrodomésticos

Óptica Betanzos La tienda de Josefina

Aqua Perfumes Isi Complementos

Viajes Betantur Librería Marina

Libraría Biblos Artesanía Lagoa

Arume Fotografía Perfumería Adrezo

El cantón Ropa interior D’Moda

Tikismikis Moda y complementos Xoma Kids

Calzados Escala Óptica Selgas

Naturhouse Bertha Hogar

Confecciones Caymi

Carmita

Graf

O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Betanzos colabora e organiza co Equipo de Dinamización Lingüística do CEIP Francisco Vales Villamarín na posta en marcha desta proposta que se levará a cabo grazas á colaboración dos comerciantes implicados na campaña e que colaborarán ao longo deste mes e medio.

Todos os establecementos comerciais colaboradores anunciarán nun lugar visible a súa colaboración e darán a coñecer e espallarán as creacións poéticas que os nenos e as nenas do devandito centro educativo crearon ao longo de todo o mes de marzo. Esta proposta encádrase dentro da programación que o Concello de Betanzos organiza con motivo da programación do Día Internacional do Libro e da Lectura e do Día das Letras Galegas.

Cartel da actividade