Seis campións galegos de Savate Assaut para Betanzos

25

O pasado fin de semana celebrouse na localidade de Ordes (A Coruña) o Campionato Galego de Savate Assaut 2026 nas categorías Élite e Júnior, coa participación de deportistas de toda Galicia. No campionato, organizado pola FGB, disputáronse combates en todas as categorías ata os 22 anos.

No evento participaron nove integrantes do club ITF Brigantium, entre os que destacaron seis deportistas polos seus excelentes resultados, contribuíndo a que o club acadase un total de seis títulos galegos e tres subcampionatos.

Resultados

  • Sandra Vázquez Requeijo, campioa galega de Savate Assaut na categoría Élite Pluma (-50 kg).
  • Paula Vázquez Requeijo, subcampioa galega de Savate Assaut na categoría Lixeiro 16 anos (-50 kg).
  • Yanire Vázquez Requeijo, campioa galega de Savate Assaut na categoría Lixeiro 14 anos (-50 kg).
  • Brais Freire Díaz, campión galego de Savate Assaut na categoría Mini Lixeiro 14 anos (42 kg).
  • Celia Mosquera Cagiao, subcampioa galega de Savate Assaut na categoría Pesado 16 anos (+75 kg).
  • Alicia Mosquera Cagiao, subcampioa galega de Savate Assaut na categoría Super Lixeiro 10 anos (40 kg).
  • Valeria Vázquez Requeijo, campioa galega de Savate Assaut na categoría Mini Lixeiro 9 anos (32 kg).
  • Emma Barberá Narváez, campioa galega de Savate Assaut na categoría Lixeiro 11 anos (44 kg).
  • Román Freire Cagiao, campión galego de Savate Assaut na categoría Semi-Welter 15 anos (57 kg).

O ITF Brigantium consolídase como o club de referencia en Savate na comarca de Betanzos, destacando entre os mellores de Galicia e demostrando un elevado nivel competitivo nunha disciplina que continúa medrando en número de practicantes e éxitos deportivos.