A subida da marea causa novos problemas na N-651 no barrio da Ribeira

1476
As inundacións motivaron ter que desviar o tráfico polo interior do barrio da Ribeira
A subida da marea causou a primeira hora da tarde do pasado xoves, día 1,  inundacións na N-651 ao seu paso polo barrio da Ribeira. A estrada Nacional que une Betanzos con Ferrol volveu alagarse afectando de forma directa ao tráfico rodado, que tivo que ser desviado polas rúas interiores do barrio; a baixos de edificios e a zonas de equipamento urbano.
O goberno local lamentou novamente que Betanzos padeza constantemente desde hai anos problemas pola subida das mareas nesta zona coa afectación que iso ten para o tráfico, polos problemas que xera ao desviar a circulación por rúas interiores e estreitas do barrio; e para os veciños, que ven como afecta os baixos dos edificios e nas entradas de acceso aos seus bloques de vivendas.
Por esa razón mantén que “xa é hora de que as administracións con competencias como Estradas, Costas e Augas de Galicia,  actúen e executen as obras necesarias para evitar que cada ano Betanzos teña que sufrir estes problemas, xa que non se trata de algo circunstancial, senón que é habitual tres ou catro veces cada ano”.
O tráfico quedou desviado, mantendo un dispositivo na zona para regular a circulación e atender calquera incidencia por parte de  na zona formado por Protección Civil e a Policía Local.