5ª cucaña betanceira 2025

743

O Concello de Betanzos organiza, dentro do programa de Festas de San Roque 2025, a quinta edición da Cucaña Betanceira, para o venres 22 de agosto ás 17:00 h no paseo da Tolerancia.

Esta actividade xa está consolidada dentro das actividades lúdico-deportivas das nosas festas patronais e conta cunha gran afluencia de público que desfruta do espectáculo dos mozos e mozas que tentan chegar á punta do pau engraxado e coller a bandeira, e levando bos chapuzóns no río.

As inscricións faranse na carpa do Concello instalada no lugar da proba a partir das 16:30 h, e as persoas participantes menores de idade deberán ser autorizados polos pais, nais ou titores legais.