O Complexo Deportivo Municipal O Carregal vén de abrir o prazo para novas inscricións nos cursos de natación correspondentes á tempada 2026/27.
A oferta inclúe actividades adaptadas a diferentes idades e necesidades, con cursos nas categorías de bebés, infantil, natación terapéutica, terceira idade e adultos, co obxectivo de fomentar a práctica deportiva e os hábitos saudables entre a veciñanza.
As persoas interesadas poden solicitar máis información e realizar consultas a través do teléfono 981 77 17 92.
Desde o Concello anímase á cidadanía a participar nestas actividades, que cada ano contan cunha ampla participación e contribúen á promoción do deporte e do benestar entre persoas de todas as idades.












