O ITF Brigantium volta de Ourense cargado de ouros

73

O pasado sábado, celebrouse na localidade de Ourense a vixésimo terceirae dición do “Trofeo de Kickboxing Cidade de Ourense” seguido da velada de ring “Galicia contra Portugal”, no que participaron 7 integrantes do ITF Brigantium nas distintas modalidades de combate 3 deles foron asemade elexidos coma integrantes do equipo de Galicia que se enfrentaría contra Portugal.

Naxornada de mañán e tarde, os sete brigantinos colleitaron 7 novos ouros para o club, ademáis de 7 pratas.

Sandra participou en kicklight prolongando a súa longa racha de imbatibilidade.

Yanire cedeu unha vitoria á súa rival da final de kicklight pero resarciuse con dous ouros en light contact e pointfighting.

Brais pola súa banda tivo que conformarse con dúas pratas a pesar de gañar os combates previos, acusando o cansancio e o calor.

Valeria triunfouna única modalidade que disputou e alzousecoouro en pointfighting.

Emma obtivo ouro en kicklight e prata en light contact fronte a unha rival de maior idade e peso.

Finalmente, Román destacou con dous ouros en kicklight e K1, patentando o seu fulgurante progreso.

Xanatardiña, tres integrantes do equipo de competición foron os elexidos para abrir a contenda contra Portugal, Sandra venceu con contundencia por unanimidade dos xuices, Paula venceu por KO técnico aos poucos segundos de combate e Román estivo a piques de vencer a un duro rival luso, perdendo por decisión dividida.

Contribuiron así á vitoria pola mínima de Galicia por 5 vitorias a 4.

O ITF Brigantium ten agora a mira posta no campionato de España junior que se celebrará a derradeira semana de xuño en Alcobendas, ao que acudirá con sete deportistas e un seleccionador autonómico.

Dende o club, felicitan aos deportistas polo seu espírito indomable, constancia e esforzo, ademáis de agradecer os apoios recibidos por parte do Concello de Betanzos.