A Concellería de Xuventude diversifica as actividades de ocio cunha boa resposta por parte da mocidade.

384

A Concellería de Xuventude rematou neste venres a súa proposta de ocio para este verán. Unha proposta que se veu modificada polas restriccións impostas pola pandemia do COVID19, pese a todo celebraronse 3 obradoiros de verán e unha actividade de ocio na natureza.

Hai que destacar que neste ano a oferta de ocio enfocouse cara os máis novos ao ser un dos colectivos máis afectados pola mudanza dos seus habitos e costumes cotiás. Para a programación tívose que ter en conta a reducción de ratios e prazas para poder garantir a seguridade dos participantes.

Deste xeito programouse un curso de Dj, que xa pasa por ser un clásico do verán betanceiro. A súa acollida foi boa ao igual que en anos anteriores. Ademáis este ano incorporouse á oferta un curso de skateboard, no que hai que salientar a alta participación de rapazas, que representaban máis do 60% do alumnado.

Un dos obradoioros con mellor acollida foi o de drons, no que a ducia de rapaces participantes aprendeu a pilotar drons aéreos e terrestres, a crear arte con compoñentes electrónicos e a incorporar distintos accesorios aos seus drons.

Finalmente este ano a Concellería de Xuventude incorporou unha actividade de ocio acuático, cunha ximcana en kayak polo Río Mandeo. Os participantes disfrutaron dunha xornada lúdica e dinámica na que debían encontrar distintas pistas e superar probas ata a súa chegada ao Campo dos Caneiros.

Un dos obradoioros con mellor acollida foi o de drons,

No mes de setembro a Concellería de Xuventude continuará celebrando obradoiros pero neste caso de cualificación profesional nas especialidades de carretilleiro, ponte grúa e plataformas elevadoras. Todos eles coas prazas completas.