A Policía Local detivo a H.F.P. de 50 anos de idade e veciño de Betanzos por un presunto delito de roubo con forza. Os feitos de produciron esta pasada noite cando un veciño da zona de O Piñeiro, preto do colexio de Atocha, alertou á Policía Local sobre a posible presenza dalgunha persoa nas inmediacións da súa vivenda, escoitando ruídos na planta baixa da mesma.
Unha patrulla da Policía Local desprazouse ata o lugar sorprendendo nas inmediacións do inmoble a H.F.P., que portaba diversas ferramentas como chaves de parafusos, chaves inglesas…Precisamente, nunha das portas da vivenda había unha parte dunha das ferramentas que levaba o detido, e que se había rota ao, supostamente, tentar forzar a porta.
A Policía Local e a Policia xudicial da Garda Civil investigan agora a posible implicación do detido noutros roubos con forza ou intento de roubo perpetrados na zona.










