O Concello pretende mellorar e incrementar os equipamentos deportivos na zona do Carregal. Trátase dunha antiga aspiración a que o Concello non renuncia para aumentar os equipamentos deportivos coa axuda doutras administracións tendo en conta a cuantía dos proxectos. A alcaldesa, María Barral, mantivo, neste sentido, unha xuntanza en Santiago co Secretario Xeral de Deportes, José Ramón Lete, para plantexarlle estas actuacións e presentarlle diversos proxectos de cara a que sexan incluidos pola Xunta dentro dos plans previstos para este ano.
Entre os proxectos, a alcaldesa plantexou a construcción do skatepark, unha actuación que o Concello no seu momento incluiu en fondos europeos Next Generation pero que non foi admitida. A idea é, por tanto, recuperar ese proxecto e executalo xunto a Xunta, cubrindo así unha antiga demanda. O proxecto ten un orzamento duns 350.000 euros e foi redactado por un equipo técnico experto neste deporte. Prevese a súa construción nunha parcela anexa ás piscinas municipal cumprindo coas demandas dos usuarios de deportes urbanos como skateboard, roller, bmx e scooter
Ademáis deste skatepark, a alcaldesa plantexou a construcción dun novo pabellón polideportivo. A demanda existen en Betanzos, de clubes federados en distintas competicións deportivas, as escolas de cada un deles, fai necesario ampliar o número de instalacións. A primeira edil explicou que actualmente estase a mellorar o pabellón do colexio Vales Villamarín, a través dun acordo entre Xunta e Concello, pero ainda así é insuficiente para atender a demanda existente en Betanzos.
Por último, propuxo tamén a construcción dun pump track, debido tamén a gran demanda existente e o auxe desta especialidade deportiva. Trátase dunha instalación dirixida aos afeccionados ao ciclismo ao aire libre que os servizos técnicos municipais consideraron situar nunha parcela do parque do Pasatempo.
O secretario xeral volorou as propostas presentadas pola alcaldesa, que agora seran estudiadas polo seu departamento de cara a ver posibilidades a incluir nos orzamentos de inversións previstos para este ano. A alcaldesa explicou que o propio secretario xeral é consciente de que por parte da Xunta “non se realizaron inversións en materia deportiva en Betanzos” a pesar da actividad deportiva constante que ten o municipio polo que “agardo que este ano a Secretaria inclúa nas súas actuacións algunha das nosas demandas”.










