Adega O Pino gaña o premio popular na Semana do Pincho de Betanzos

487

Adega O Pino resultou gañadora  do premio popular na X Semana do Pincho de Betanzos. O establecemento foi o máis votado polas persoas que participaron na elección que xuntou máis de 300 boletos. Adega do Pino presentou un Taco italiano (stracciatella galega, alfábega, froitos secos, pistacho, AOVE, aceite de trufa, fariña, sal, mozzarella Fior di latte e tomate).

 

Adega O Pino recibirá o premio popular xunto a Versalles que se impuxo na final do xurado profesional co petisco “Lombo outonal” composto por pataca chip rústica, lombo aromatizado, crema de pimentos de Padrón, cabaza e pebidas de granada).

Entre os pinchos deste ano puidéronse degustar desde un timbal de outono galego con morcilla, pementos, champiñóns, patacas e ovo, ata unha “Vaca Tola” de pan con presa ibérica e queixo, pasando polo “Divino” de ventresca e anchoas, “A vida é doce” con roscón de Reis, crema e Oporto, “Fajita histórica”, “Cabaciña enfornada con arroz e rulo de cabra”, “25 de agosto”, cabeza de porco con trufa e queixo de ovella, “Bocadiño tempurizado, con queixo, polo e crema de módena, “Éche o que hai” con torrada de allo e bacallau, pasas, pementos, tomates e viño Albariño, “Taco Italiano” con stracciatella galega, froitos secos, pistachos, aceite de trufa, mozarella, “Saquiño crocante de cabeza ibérica sobre prebe de foie, “Sibarita” de xamón ibérico, queixo del país, entre outras, “Harmonía de Bacallau” con bacallau, cocochas, pementos, améndoas e allo, “Timbal de patacas”, con grelos, bacallau e queixo”, “O Noso Roliño” de cabeza de porco, pan, tomate e queixo; “Lombo outonal”, de lombo aromatizado e crema de pementos de Padrón, “Bocadiños de lagostino”, con recheo de hamburguesa de lagostino, con toque de allo e brotes tenros, ata un “Collón de frade” una torrada de ovo e queixo.

Participan: Cafetería Plaza, Casa do queixo, A Vaca Tola, Yocri, Café Lanzós, El Histórico, Adega Lastras, Cafe Bar Jenny O Bacel, Bar Paxeiro, Adega O Pino, Restaurante Cho, Jamonería El Ibérico, Restaurante Casanova, Bar Galicia, O Noso Lar, Vinoteca Versalles, La Travesía e La Goleta.