A empresa Viaqua entregoulle ao Concello de Betanzos unha partida de xoguetes para os nenos e as nenas de familias necesitadas

286

A empresa Viaqua entregoulle ao Concello de Betanzos unha partida de xoguetes destinadas a nenos e nenas de familias necesitadas dentro dunha campaña que ten coma finalidade que “ningún neno nin nena se quede sen o seu regalo nestas festas de Nadal e Reis”.

 

 

A iniciativa solidaria inclúe xoguetes para rapaces de entre 1 e 14 anos dentro dun proxecto de colaboración que vén realizando a empresa concesionaria da xestión da auga co Concello, e que tamén inclúe outro tipo de accións no ámbito social.

A alcaldesa, María Barral recibiu a doazón de xoguetes por parte do equipo técnico de Viaqua no Edificio Arquivo de Betanzos.

Cruz Vermella de Betanzos será a encargada de distribuír os xoguetes entre as nenas e nenos beneficiarios de esta iniciativa solidaria.

O Concello valorou a iniciativa e agradeceu a achega feita por Viaqua a través deste programa social que se une a outras accións que se están levando a cabo estes días a través da colaboración doutras empresas e entidades.