Medidas adoptadas polo Concello de Betanzos como consecuencia da situación xerada polo Coronavirus

821
O Concello de Betanzos anuncia as medidas adoptadas como consecuencia da situación xerada polo Coronavirus.
  • O goberno local decidiu suspender hoxe todas as actividades municipais e aquelas que se celebren en instalacións municipais desde hoxe ata novo aviso, como consecuencia da situación xerada polo COVID-19.
  • Igualmente, suspéndense as Feiras que se celebran os días 1 e 16 de cada mes, así como os mercados municipais que teñen lugar os martes, os xoves e os sábados.
  • Acórdase tamén o peche ao público, ata novo aviso, do centro social de maiores, sito na praza García Naveira; e o edificio Liceo na zona de exposicións, Salón Azul e aula de Cultura. Ademais tamén se pechará o complexo cultural Santo Domingo, no que se atopa a Biblioteca Municipal; o Museo das Mariñas; a Oficina de Xuventude e a Aula CeMIT.
  • Na área deportiva, o Concello pechará todas as instalacións municipais como o pavillón deportivo, a piscina municipal e os campos de fútbol do Carregal.
  • A maiores, seguindo as directrices da Xunta en materia educativa, o Concello tamén pechará a activiade na escola de Folclore.
  • O Conservatorio Municipal e a escola infantil Santiago de la Fuente, emprazados ambos no casco histórico, permanecerán pechados desde o vindeiro luns, deixando en mans das familias de alumnas e alumnos hoxe e mañá, día 13 de marzo, a decisión de acudir ou non.
  • Desde o Concello recoméndase tamén á veciñanza asistir ás oficinas municipais tan só en caso de tramitacións urxentes e que non se podan adiar; ademais de pedir empregar os medios telemáticos para realizar as tramitacións oportunas.
  • Incídese na necesidade de evitar aglomeracións e seguir as instrucións oportunas decretadas polos organismos compentes, actuar con responsabilidade e facer caso ás medidas de prevención recomendadas.
  • Máis información sobre a crise do coronavirus prema aquí