Barral denuncia que o mal funcionamento do servizo de transporte deixa “tirados” a moitos veciños cada día como ocorreu onte a primeira hora

206

A alcaldesa de Betanzos, María Barral, mostrou a súa fonda preocupación polo empeoramento do servizo de transporte público, indicando que os problemas levan anos repetíndose, especialmente dende o cambio do contrato.

Sinalou que se pasou dun servizo bo a un moi deficitario e que o Concello recibe constantes queixas dos usuarios.

A situación agravouse recentemente: houbo liñas que non pasaron a primeira hora da mañá, afectando a persoas que viaxaban a traballar ou estudar. Non pasaron varios autobuses e o seguinte chegou cheo, deixando xente en terra.

A alcaldesa comunicou o problema á Xunta, que se comprometeu a investigar e adoptar medidas. Tamén destacou a necesidade de mellorar a información aos usuarios, por exemplo con paneis informativos.

Finalmente, insistiu en que o problema é estrutural, que o servizo é deficitario e que é necesaria unha revisión do contrato e escoitar aos usuarios e concellos.