O programa “Os Paseos Librescos” da Biblioteca de Betanzos recibiu un dos premios María Moliner do Ministerio de Cultura, según explicou a alcaldesa María Barral, quen destacou o traballo que se está a hacer dende o centro para a promoción da lectura con premios non só a nivel galego senón tamén nacional.
Neste caso, trátase dunha acción que combina o achegamento aos libros ca posta en valor do patrimonio local. Os diferentes paseos realizados respondían a diferentes temáticas (os libros, o amor, os artistas, o cine…) e comezaban na biblioteca cunha mostra bibliográfica que se lles comentaba con detemento aos participantes. Esta exposición soía contar con documentos do Arquivo Municipal e con pezas do Museo das Mariñas.
Unha vez analizada a mostra, chegaba o momento de botarse a camiñar polas rúas de Betanzos recuperando outras moitas historias que permanecían agochadas nos libros e que grazas a estes paseos a veciñanza podía descubrir. A iniciativa acaba de ser unha das escollidas polo Ministerio de Cultura para recibir un dos galardóns María Moliner de animación á lectura.













