O Concello de Betanzos colaborou na organización dunha charla-obradoiro dedicada á observación e fotografía de eclipses, unha actividade divulgativa que tivo lugar o pasado 29 de maio ás 19:30 horas no Salón Azul do edificio Liceo.
A sesión foi impartida por Óscar Blanco, experto na materia, e estivo dirixida tanto a persoas afeccionadas á astronomía como á fotografía, así como ao público xeral interesado en descubrir máis sobre estes fenómenos astronómicos.
Durante a actividade abordaronse diferentes aspectos relacionados coa observación segura dos eclipses e ofreceronse recomendacións e técnicas para aprender a captar imaxes deste espectáculo natural.
A iniciativa estivo organizada pola Agrupación Fotográfica Betanzos NFOCA8 e contau coa colaboración do Concello de Betanzos.












