Betanzos celebrou o seu tradicional concerto da Ilusión coa incorporación de catro novos músicos á Banda Municipal. Galería de Imaxes.

618

57Betanzos celebrou o seu tradicional “Concerto da Ilusión”, unha das citas culturais máis importantes do ano, xa que a Banda Municipal recibe a novos  integrantes, novos músicos que debutaron no concerto que tivo lugar na igrexa de Santa María.

Unhas horas antes, a banda, no seu tradicional paseo pola cidade, recolleu, en varias zonas da cidade aos novos integrantes. Trátase de Martín Fernández  Doporto, Carmela Pintor Carracedo,  e Javier Sánchez Gómez (Clarinete) e  Anxo Facal París (percusión).