O goberno local adquire novos xogos para a escola infantil municipal a través dunha achega do programa Feder Galicia 2014/2020

0

O Concello mellorou os xogos da escola infantil municipal “Santiago de la Fuente” coa adquisición de varios xogos infantís.

Os xogos foron subvencionados pola Xunta de Galicia e polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 que, entre outros obxectivos, prevé axudas para investimentos en centros de atención á infancia de cero a tres anos.

En total colocaronse cinco novos xogos ademais da mellora do peche dos mesmos. O investimento total alcanza os 10.473,76 euros dos que o 80% está subvencionado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.