Betanzos entrégalle o Premio Úrsula Meléndez de Texeda á betanceira Consuelo Carro Veiga. Galería de imaxes.

40

O Concello fíxolle entrega, do premio Úrsula Meléndez de Texeda á betanceira Consuelo Carro Veiga. Trátase do premio pola igualdade máis importante do Concello co que a corporación brigantina recoñece o labor, colectivo ou individual, de quen coa súa actividade, persoal ou profesional, contribuíu a fomentar esa igualdade de xénero en Betanzos.

 

 

O premio quere destacar a traxectoria dunha betanceira que quedou viúva moi nova e que sacou adiante ao seus oito fillos e que a día de hoxe segue traballando na súa horta e mantendo moitos dos labores que desenvolveu durante a súa vida e que grazas a elas sacaron á súa familia adiante en tempos duros. É un exemplo de vida, de loita e sacrificio que non só Consuelo senón moitas outras mulleres tiveron que realizar para sacar, soas, ás súas familias adiante.

Na entrega do premio, a alcaldesa, María Barral, destacou que “desde hai xa 16 anos, ou Concello entrega ou Premio Úrsula Meléndez de Texeda e este ano acordouse, por unanimidade, a proposta do grupo de goberno de outorgar ou premio a Consuelo Carro Veiga, Chelo para as persoas máis achegadas. “Unha desas moitas mulleres anónimas que a base de determinación, esforzo, intelixencia e traballo conseguiron saír adiante sendo a columna vertebral das súas familias, dedicando a súa vida a coidalas”.

O Concello pretende que con este premio se lle renda unha máis que merecida homenaxe a unha muller que, neste sentido, “loitou e loita por reivindicar ou seu papel como muller, cos seus dereitos, con base de esforzo, traballo e sacrificio”.

“Chelo, sobran os motivos polos que es merecedora deste recoñecemento e celebramos que, por fin, hoxe ti é a protagonista e podemos amosar a Betanzos e todo o mundo que ti tamén é unha muller referente“, rematou a rexedora.