Unhas 300 mulleres participan na Xuntanza de labores artesanais de Betanzos. Galería de imaxes.

45

O Concello, a través da Concellería de Servizos Sociais, xunto coa Asociación de Mulleres da Condes celebrou unha nova Xuntanza de Labores Artesanais. Os actos, que comezaron coa recepción das participantes ás dez da mañá no Edificio Arquivo, reuniron  a máis de 300 mulleres representantes de máis de medio centenar de colectivos entre asociacións, centros sociais, tendas especializadas dedicadas aos labores como encaixe de palillos, manualidades, coiro, flores secas, talla de madeira, liño etc.

Entre as entidades participantes hai asociacións de Ourense, Camariñas, Ferrol, O Bierzo, León e diversas zonas de Asturias e Cantabria.

O programa de actividades desenvolveuse desde as dez da mañá ata as dúas da tarde e desde as catro ás sete da tarde.

A xornada estivo aberta ao público en xeral que pode visitar unha exposición  de traballos, observar como os realizan e adquirir algunhas dos “labores” artesáns realizadas en durante a propia xornada.