O Concello ultima as obras de renovación da praza Enrique IV para evitar inundacións e filtracións

416

O  Concello  ultima as obras mellora da praza Enrique IV, unhas obras que padeceron diversas atrasos, primeiro polas autorizacións, xa que dependían de permisos sectoriais de diversas administracións e despois por problemas derivados coa anterior empresa adxudicataria que obrigou a sacar de novo a contratación o proxecto.

Nestes momentos atópanse na súa última fase de execución. Os traballos consistiron na renovación da rede de abastecemento de auga substituíndoa por tubaxes  de  polietileno e executáronse as acometidas domiciliarias de auga potable, retirando a tubaxe antiga de fibrocemento.

Ademais executouse unha nova rede  separativa: residuais e pluviais. Realizáronse as acometidas domiciliarias de saneamento á rede para evitar así as inundacións que se producían nesta praza como consecuencia desta antiga rede de saneamento.

As actuacións contemplan tamén a reposición de todas as beirarrúas existentes afectadas polas obras; o vial da calzada; diversas melloras da  praza interior e as zonas que  lindan coa río. Por último repoñeranse bancos, papeleiras, farois e árbores.