O goberno local iniciou na rúa do Rollo as obras de mellora de seguridade viaria en rúas da zona urbana. Trátase dun proxecto que recolle a creación de pasos de peóns elevados que, simultaneamente, permitan o seu funcionamento como badenes redutores de velocidade. Ademais, melloraranse pasos xa existentes para facelos accesibles a persoas con mobilidade reducida na medida do posible.
A alcaldesa, María Barral, explicou que a cidade conta con varias rúas na zona que precisan de acondicionamento no referente ás condicións de accesibilidade nos pasos de peóns existentes e que, simultaneamente, permitan o seu funcionamento como badenes redutores de velocidade. Neste sentido, encargouse un proxecto que inclúe tamén actuacións para actuar ademais sobre os pasos de peóns e as súas zonas de chegada (beirarrúas e accesos contiguos) para facelas accesibles a persoas con mobilidade reducida na medida do posible.
As rúas e vías sobre as que se actuará son:
Paseo do Malecón (N-651); Rúa Ribeira (2).; Rúa Valdoncel; Rúa Alfolí (2); Praza Alfonso X; Poeta Manuel María (2); Cale Rolo e Camiño Cal dás Barras.
Ademais, como complemento, mellorarase o aglomerado nalgunhas zonas para evitar que se produza acumulación de augas.
O programa de obras comezou na rúa Rollo que se pavimentará. Tamén se limparán cunetas e beiravías; se fresará a capa de rodadura para mellora de adherencia dada a pendente da rúa; novo pavimento; sinalización vertical; pintado de marcas viarias e mellora de beirarrúas na contorna do edificio numero 68 da rúa do Rolo.
Nesta rúa, ademais do paso a nivel elevado, que servirá de banda redutora de velocidade, tamén se instalará un “lombo de asno” a metade da rúa e tamén na de Cal dás Barras.











